Ano
2019
2019
Suecia, Dinamarca
86 min.
Drama
Sueco, danés
2019: sección oficial de filmes internacionais a concurso no Festival de Sundance
2019: sección oficial de longametraxes a concurso no Festival de Rotterdam
2019: sección oficial de longametraxes a concurso no BAFICI
Despois da morte da súa filla Maja no seu oitavo aniversario, Elin e Tobias van de acampada para tentar reparar a súa relación. Coa morte da filla aínda presente, vense envoltos nun espiral de tormento, humillación e pesadelos a mans dunha compañía de excéntricos perturbados.
Cada vez é máis difícil, nesta era da sobreinformación, achegarse a un filme virxe, sen pistas de ningún tipo. É parte do pracer de ver películas que fomos perdendo co tempo, malia que cineastas como Tarantino aínda avisen os espectadores de que non espoileen o final do seu filme. E a extraordinaria Koko-di Koko-da, xa con varios premios ás costas, é un deses filmes que agradece a falta de datos para que a recompensa diante da pantalla sexa moito maior. Porén, só diremos isto: duelo, bosque, conto infantil, parella, caixa de música, terror.