Ano
2019
Juha, despois de sufrir un incidente traumático que a deixa paralizada a nivel emocional, desenvolve unha inesperada pero poderosa conexión cunha dominatrix chamada Mona. A súa perigosa adicción ao sufoco recibe unha apracible resposta por parte de Mona, que leva a súa nova compañeira cara á iluminación espiritual a través dun camiño salvaxe e atolado.
Cando un observa os filmes de xente como o austríaco Ulrich Seidl, ou este traballo do finlandés J-P Valkeäppä, séntese tentado a vincular frío e monotonía con alienación, psicopatías varias e condutas aberrantes. Semella que para compensar a rutina de vidas que polo frío ou pola forma de ser da sociedade se reducen ao traballo e á casa, os habitantes de países nórdicos intentan, de portas para dentro, se conducen do xeito máis disparatado e perverso posible. Dogs don’t wear pants establece unha relación de submisión que reborda humor negro, neóns de cores agresivas, un algo de tenrura e moito látex e descontrol. Están tolos estes nórdicos, que diría Astérix.
Krista Kosonen, Pekka Strang, Oona Airola, Iiris Anttila, Antons Baronskis, Armands Bergis, Amos Brotherus, Marat Efendijev, Laine Kate Ertmane, Aleksandrs Garins, Ester Geislerova, Ilona Huhta, Viivi Ihalainen
Guión: J-P Valkeapää, Juhana Lumme
Música: Michal Nejtek
Fotografía: Pietari Peltola