Ano

2019

Nacionalidade

Xapón

Duración

94 min.

Xénero

Fantástico, romance, drama

Idioma

Xaponés

7,38

Nota do público
NOV
18
Luns, 19:00
Multicines Compostela
Mercar entrada
NOV
25
Luns, 16:15
Teatro Principal
Mercar entrada

2019: premio ao mellor filme de animación no Festival Internacional de Shanghai

2019: premio ao mellor filme de animación no Festival de Sitges

Cando entra na universidade, Hinako múdase a unha cidade costeira onde coñece a Minato, un bombeiro entregado a axudar os demais. A moza goza do seu pasatempo favorito, o surf, mentres inicia unha relación cada vez máis próxima con Minato. Por desgraza, unha inesperada traxedia arrebata a vida do mozo e ela fica completamente devastada. Incapaz mesmo de mirar o seu querido mar, un día, Hinako canta a canción de ambos e Minato aparéceselle en forma de auga para cumprir a promesa de seguir a protexela. Ela está feliz de volver a telo ao seu lado, pero, poderán permanecer así xuntos para sempre?

Crítica Cineuropa

Antes deste filme, o director Masaaki Yuasa dirixiu unha serie de animación para Netflix, Devilman Crybaby (sobre o famoso personaxe do mangaka Gö Nagai), que era unha mostra abraiante de dominio da linguaxe do anime e un alarde de violenta creatividade. Aquí o director cambia de xénero e presenta unha comedia dramática adolescente, mostrando así a súa ductilidade, pero de novo pisa a fondo en cuestión de creación de ambientes e deseño de secuencias espectaculares. Iso si, leven ducias de kleenex para esta historia de surf e amores ultraterreais.

Ficha artística

Minato Hinageshi, Ryōta Katayose, Hinako Mukaimizu, Rina Kawaei, Yōko Hinageshi, Honoka Matsumoto, Wasabi Kawamura, Kentarō Itō

Ficha técnica

Guión: Reiko Yoshida
Música: Michiru Oshima
Fotografía: Toru Fukushi