Ano
2018
2018
España
82 min.
Animación, drama
Inglés, castelán, polaco, portugués
Kapuściński é un reporteiro polaco, idealista e amigo das causas perdidas. En 1975 viaxa a Angola, o último campo de batalla da Guerra Fría, un lugar onde o saúdo equivocado pode custarche a vida. O país africano e as persoas que coñece na súa inesquecible aventura, como a carismática guerrilleira Carlota, mudarano para sempre. A viaxe suicida ao corazón das tebras transformou o xornalista nun escritor.
Os debuxos fotorrealistas do filme (en realidade, feito coa técnica da rotoscopia) séntanlle de marabilla a este episodio da vida do lendario periodista Ryszard Kapuściński. E precisamente, esta concentración da narración nuns feitos concretos é o grande acerto do filme, fuxindo así de erros habituais nos biopics, como a dispersión narrativa e quedar todo como unha ollada superficial. Aquí, Raúl de la Fuente e Damian Nenow explican unha vida enteira e poucos días e o espírito de Kapuściński e a natureza do seu traballo quedan reflectidos de maneira clara e dinámica.