Ano

2019

Nacionalidade

Estados Unidos

Duración

99 min.

Xénero

Documental

Idioma

Inglés

6,34

Nota do público
NOV
12
Martes, 16:45
Salón Teatro
Mercar entrada
NOV
15
Venres, 17:10
Multicines Compostela
Mercar entrada

Austyn Tester, un atractivo mozo de 16 anos, séntese oprimido polo pequeno espazo que ocupa na súa vila natal de Tennessee. A pesar disto, no mundo da rede e do streaming, é adorado por milleiros de mozas que viven practicamente por e para el. Tanto para Austyn coma para moitos e moitas adolescentes, ter unha gran cantidade de fans na rede é sinónimo de obter un pasaporte cara á riqueza e á fama e poder abandonar a vida rural norteamericana, algo que sen dúbida atrae o interese de practicamente calquera persoa da súa idade. Aínda que boa parte do seu espectáculo se centra en satisfacer as necesidades do seu público, a súa actitude e os desexos que reflicte nel son auténticos, como ben demostra nunha xira ao redor do país logo de ser descuberto por un cazatalentos nacional.

Crítica Cineuropa

Esta podería ser a película máis triste de todo o festival: o retrato de varios influencers adolescentes norteamericanos e o surrealista negocio que os rodea mostran un mundo que só é carcasa baleira, onde os ídolos non fan máis que repartir apertas entre os seus fans, facerse autofotos e brindar consellos de autoaxuda de todo a 100 que deixan a Paulo Coelho á altura de Immanuel Kant. E digo “podería” porque Liza Mandelup brinda, a pesar do anterior, toneladas de comprensión e humanidade cara aos seus protagonistas, atopando o real no mundo das aparencias e tamén un humor san e natural que emerxe da propia imaxe. Equilibrio perfecto con material de alto risco de caer na burla ou na sátira, Jawline é un modelo de película con alma, ironicamente, a mesma que lle falta ao mundo que retrata.

Ficha técnica

Música: Palmbomen II
Fotografía: Noah Collier