Ano

1958

Nacionalidade

Estados Unidos

Duración

120 min.

Xénero

Drama

Idioma

Inglés

Entrada

Libre ata completar a capacidade da sala

NOV
17
Domingo, 12:00
Museo das Peregrinacións
Entrada libre

1958: premio á mellor actriz (Hayward) e seis candidaturas (incluídas as de dirección e de guión) nos Premios Óscar

1958: premio á mellor actriz de drama (Hayward) e tres candidaturas nos Globos de Ouro

1958: candidatura á mellor dirección nos Premios do Sindicato de Directores (DGA)

1958: candidatura ao mellor guión de drama nos Premios do Sindicato de Guionistas (WGA)

1958: premio á mellor actriz (Susan Hayward) nos Premios do Círculo de Críticos de Nova York

Barbara Graham é unha muller de pésima reputación que frecuenta bares inmundos e que foi condenada por crimes mesquiños. Dous coñecidos seus cometen un asasinato e, cando os atrapan, comezan a sospeitar que Bárbara os delatou. Para vingarse, deciden inculpala e é condenada a morte. A mañá do 3 de xuño de 1955 entra na cámara de gas da cadea de San Quintín (California). Dura alegación contra a pena de morte baseada en feitos reais.

Ficha artística

Susan Hayward, Simon Oakland, Virginia Vincent, Theodore Bikel, Wesley Lau, John Marley, Gavin MacLeod, Dabbs Greer, Brett Halsey

Ficha técnica

Guión: Nelson Gidding, Don Mankiewicz
Música: Johnny Mandel
Fotografía: Lionel Lindon