Ano

2019

Nacionalidade

Xapón

Duración

108 min.

Xénero

Acción

Idioma

Xaponés

7’40

Nota do público
NOV
13
Mércores, 22:15
Teatro Principal
Mercar entrada
NOV
21
Xoves, 20:00
Teatro Principal
Mercar entrada

Leo, un mozo boxeador que atravesa un mal momento, reencóntrase unha noite co seu primeiro amor, Mónica, unha moza que conserva a súa inocencia malia ser prostituta e drogadicta. O que el non sabe é que Mónica se viu envolta sen querer nunha trama de tráfico de drogas, e os dous acaban sendo perseguidos ao longo da noite por un policía corrupto, un yakuza e unha asasina enviada polas tríades chinesas.

Crítica Cineuropa

A Takashi Miike ocórrelle algo. O ano pasado só rodou un filme e este 2019 só ten estreada esta First love, cando hai poucos ans era quen de estrear cinco, seis ou sete ao ano, todos eles dunha complexidade visual extrema, e saír airoso: unha forza inexplicable da natureza. Agora que a sua produción baixou ata niveis humanos, poderíamos dicir que este filme é máis pausado e contido, pero non, o circo de cen pistas de Miike segue aberto e esta mestura extravagante de yakuzas, amores xuvenís, noir e gotas de fantástico volve a caer de pé.

Ficha artística

Becky, Sakurako Konishi, Masataka Kubota, Jun Murakami, Nao Ohmori, Shôta Sometani, Seiyô Uchino

Ficha técnica

Guión: Masara Makamura
Música: Koji Endo
Fotografía: Nobuyashu Kita