Ano
2019
Mara e Jo, dúas mozas duns 20 anos que viven en Nova York, son amigas dende o instituto. Ao longo dunha década, a medida que os traballos, os noivos e os apartamentos van e veñen, o seu poderoso vínculo estira, pero nunca acaba de romper.
O dominio da narración e dos diálogos por parte de Dan Sallitt (ao que se lle dedicou un foco hai anos en Cineuropa que foi un auténtico descubrimento) é tal que, malia ser con moita probabilidade un dos filmes máis modestos en canto a medios desta edición do Festival, o seu alcance é extraordinario. O debuxo das dúas protagonistas é dunha exactitude tal que semella que as coñecemos dende hai tempadas enteiras dunha serie que non existe, e non do pequen feixe de escenas que compoñen este filme fermoso e triste. O filme dun mestre.