Ano
2019
Dúas mulleres novas foxen polo interior de Sudáfrica, perseguidas por unha muller policía que trata de resolver un caso de asasinato.
A idea dun neowestern con mulleres de protagonistas e ambientado en Sudáfrica é irresistible de puro exótico, e Flatland dá o que promete. Pero o seu espello, para ben ou para mal, é Thelma e Louise, aquí converténdose en amizade multirracial que ten que enfrontar machismo e racismo (parella que semella ir sempre unida en Sudáfrica). Por suposto, hai persecucións en coche e a cabalo e dúas protagonistas que andan á procura dun destino que poidan decidir por elas mesmas. Jenna Cato Bass roda con brío e converte un baile das mozas nunha discoteca no que é: unha demostración pura de forza.