Ano

2018

Nacionalidade

Arxentina, Brasil, Alemaña, Noruega

Duración

91 min.

Xénero

Drama

Idioma

Castelán

5,12

Nota do público
NOV
10
Domingo, 20:30
Salón Teatro
Mercar entrada
NOV
11
Luns, 20:50
Multicines Compostela
Mercar entrada

2018: premio Horizontes ao mellor filme latinoamericano no Festival de San Sebastián

2018: premio á mellor actriz (Mercedes Morán) nos Premios Sur

2018: sección Cineastas do Presente do Festival de Cinema de Locarno

É verán na cidade de Bos Aires. Logo da morte da súa irmá Rina, o mundo de Marcela vólvese estraño e fráxil e comeza a sentirse atrapada na súa propia casa. Todo muda cando coñece a Nacho, un mozo amigo da filla, co que comeza a compartir conversas e paseos. Un día, Marcela recibe unha chamada dun afastado parente para ter unha reunión, mentres na casa mantén diálogos con familiares doutra dimensión.

Crítica Cineuropa

Outro pequeno e extraordinario filme esquecido entre o aluvión de estreas do ano pasado que non chegou aos cinemas galegos e que repescamos para esta edición de Cineuropa. A directora de Familia sumergida, María Alché, foi a protagonista de La niña santa, o filme de Lucrecia Martel. E algo lle quedou das formas da súa mestra, evidenciado na densa e viciada atmosfera e nas relación familiares desta historia, onde a morte dunha irmá leva á protagonista (soberbia Mercedes Morán) a perder contacto de cando en cando coa realidade. Ou, dito doutro xeito, varios mundos conviven agora con ela, e o tránsito entre un e outro é tan leve e fluído que a nós, espectadores, cóllenos co pé cambiado e esvaramos dentro do filme mentres un calafrío percorre a nosa pel. A non perder.

Ficha artística

Mercedes Morán, Esteban Bigliardi, Marcelo Subiotto, Laila Maltznahuel, Federico Sack, Ia Arteta, Claudia Cantero, Luiz Carlos Vasconcelo

Ficha técnica

Guión: María Alché
Música: Luciano Azzigotti
Fotografía: Hélène Louvart