Ano

2019

Nacionalidade

España

Duración

75 min.

Xénero

Comedia

Idioma

Galego, castelán

Entrada

Gratuíta previa retirada de convite

NOV
24
Domingo, 19:00
Auditorio de Galicia
Entrada gratuíta

Antonio e Eva coñecéronse na discoteca Paraíso en 1989. Esa mesma noite, Eva quedou embarazada e, pasados uns meses, casaron e tiveron a Alejandra. No ano 2019 Alejandra medrou e converteuse nunha prometedora cineasta que regresa á casa para filmar un documental sobre a vida de seus pais. Pero Antonio e Eva agora están divorciados, levan anos sen verse e a vella discoteca onde se coñeceran transformouse nun supermercado Eroski.

Crítica Cineuropa

O éxito teatral da tempada pasada, obra do grupo Chévere, convértese nun filme de man de Xesús Ron, o director da compañía, e de Jorge Coira. E en lugar de tirar polo fácil e limitarse a documentar coa cámara unha representación da obra, Coira propón un xogo máis rico e bastardo que mestura documental, ficción e performance, cun alto grao de abstracción na representación e nos decorados que lle senta moi ben a este filme sobre a morriña de tempos pasados, estancamentos vitais varios e xeitos de enfrontarse ao futuro, todo percorrido polo singular humor da célebre compañía. E a ritmo de Dirty Dancing.

Ficha artística

Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Cris Iglesias, Fidel Vázquez, Luís Martínez, Ana Santos, Federico Pérez

Ficha técnica

Guión: Chévere
Música: Xavi Font
Fotografía: Lucía Catoira, Fidel Vázquez