Ano

2019

Nacionalidade

Chile

Duración

102 min.

Xénero

Drama

Idioma

Castelán

7,13

Nota do público
NOV
7
Xoves, 20:00
Teatro Principal
Mercar entrada
NOV
13
Mércores, 20:15
Teatro Principal
Mercar entrada

2019: sección oficial da Mostra de Venecia

2019: sección Perlak do Festival de San Sebastián

Despois de que un traumático incidente desestabilizase a súa vida familiar e o seu matrimonio cun tempestuoso coreógrafo, Ema, unha bailarina de reguetón, embárcase nunha odisea de liberación persoal. Un drama incendiario sobre a arte, o desexo e a familia moderna.

Crítica Cineuropa

Nova xeración, novos tempos, novas relacións, novos vínculos familiares e novos posicionamentos das mulleres no mundo: de todas estas novidades fala Pablo Larraín no ciclón fílmico Ema. Mariana Di Girolamo devora a pantalla con fereza a ritmo de reggaeton nun exercicio de cinema libre e vibrante que toma o pulso ao estado das cousas dun xeito máis profundo que calquera análise sociolóxica asisada. Tamén hai un filme máis convencional no interior desta Ema, pero fica literalmente esmagado pola forza da imaxe e da protagonista, que incendia cada fotograma. Como dicía a letra daquel perreo primixenio, “a ela gústalle a gasolina, dáme máis gasolina”.

Ficha artística

Mariana Di Girolamo, Gael García Bernal, Santiago Cabrera, Giannina Fruttero, Catalina Saavedra, Eduardo Paxeco, Mariana Loyola, Paola Giannini, Antonia Giesen, Josefina Fiebelkorn, Susana Hidalgo

Ficha técnica

Guión: Guillermo Calderón, Alejandro Moreno, Pablo Larraín
Fotografía: Sergio Armstrong
Música: Nicolas Jaar