Ano

2019

Nacionalidade

Chile

Duración

96 min.

Xénero

Drama

Idioma

Castelán

5,76

Nota do público
NOV
9
Sábado, 23:00
Multicines Compostela
Mercar entrada
NOV
11
Luns, 18:00
Salón Teatro
Mercar entrada

Xusto antes de que Salvador Allende asuma a presidencia de Chile, Jaime, un mozo de 20 anos, solitario e narcisista, acoitela o seu mellor amigo (“El Gitano”) nun aparente arrebato paixonal. Na cadea coñece a “El Potro”, un home maior e respectado, a quen se lle achega desvelando unha fonda necesidade de agarimo e, á vez, o seu feroz desexo de recoñecemento. Xuntos establecen unha estreita relación de “amor negro”, como lle chaman no cárcere, o que lle permitirá a Jaime, agora “El Príncipe”, descubrir os afectos e as lealdades e, ao mesmo tempo, afrontar as loitas de poder tras as reixas.

Crítica Cineuropa

Drama carcerario, tenso e asfixiante, o filme do chileno Sebastián Muñoz non se arreda á hora da representación nin da violencia nin do sexo explícito. Ambos se mesturan con bravura nesta historia que segue punto por punto o fío habitual da viaxe do heroe de Joseph Campbell, o autor daquel libro fundacional para as narrativas cinematográficas que foi O heroe das mil caras. Pero, de seguro que Campbell nunca imaxinou unha viaxe tan tortuosa e escura, que o director narra con pulso e ritmo.

Ficha artística

Juan Carlos Maldonado, Alfredo Castro, Gastón Pauls, Cesare Serra, Lucas Balmaceda, Sebastián Ayala, José Antonio Raffo

Ficha técnica

Guión: Luis Barrales, Sebastián Muñoz
Música: Ángela Acuña
Fotografía: Enrique Stindt