Ano

2019

Nacionalidade

Rusia

Duración

130 min.

Xénero

Drama

Idioma

Ruso

6,85

Nota do público
NOV
16
Sábado, 22:45
Teatro Principal
Mercar entrada
NOV
25
Luns, 20:45
Teatro Principal
Mercar entrada
2019: Premio á mellor dirección na sección oficial Un Certain Regard e Premio Fipresci da crítica internacional no Festival de Cannes

Atopámonos na Leningrado de 1945. A Segunda Guerra Mundial devastou a cidade, e non só derrubou os seus edificios, senón tamén a existencia das persoas que a habitaban. Dúas mulleres novas, Iya e Masha, loitarán por reconstruír as súas vidas nun lugar en ruínas.

Crítica Cineuropa

Toda unha chea de personaxes vagan polos encadres de Beanpole, rusos exhaustos tras a guerra e tan baleiros por dentro que non poden xerar nova vida: unha xeración perdida. O filme é unha adaptación dun libro da premio Nóbel Svetlana Alexiévich, que sabe moito de xeracións perdidas como demostrou en Voces de Chernóbyl. Un filme de cores primarias onde predomina un verde velenoso, no lugar dos grises e sepias que o cinema adoita utilizar para ilustrar a posguerra (calquera posguerra). A protagonista sobresae de entre o resto por estatura e por abraio nos ollos. O que non cambia é o rol da muller, condenada a sofrer na casa o que os homes fixeron: “síntoo pola guerra”, di un. O campo de batalla son agora os seus corpos. Semella que é a única forma de seren protagonistas dos seus relatos: a través do sufrimento.

Ficha artística

Viktoria Miroshnichenko, Vasilisa Perelygina, Andrey Bykov, Igor Shirokov, Konstantin Balakirev, Ksenia Kutepova, Olga Dragunova

Ficha técnica

Guión: Kantemir Balagov, Aleksandr Terekhov
Música: Evgueni Galperine
Fotografía: Kseniya Sereda