Ano

2018

Nacionalidade

Estados Unidos

Duración

159 min.

Xénero

Suspense, drama

Idioma

Inglés

6,90

Nota do público
NOV
17
Domingo, 19:00
Multicines Compostela
Mercar entrada
NOV
23
Sábado, 22:30
Teatro Principal
Mercar entrada
2018: sección oficial (fóra de concurso) na Mostra de Venecia

Dous policías, un veterano e o outro máis novo e inestable, son suspendidos cando un vídeo das súas duras técnicas de detención de delincuentes se converte na nova do día nos medios de comunicación.

Crítica Cineuropa

S. Craig Zahler ten moi mala sorte coa distribución dos seus filmes. Despois de converterse en cineasta de culto co western caníbal Bone Tomahawk e de confirmar a súa valía co salvaxe thriller carcerario Brawl in cell block 99, entregou este fantástico policiaco denso coma o asfalto que tampouco coñeceu estrea comercial no noso país. Aquí, Mel Gibson e Vince Vaughn mostran a súa inoperancia como policías nunha trama sucia, salagre e de ritmo mastigado lentamente. Os fogonazos de violencia dentro de secuencias longas de cocción lenta e unhas cantas set pieces caligraficamente deseñadas e co número xusto de planos converten o filme nunha rara avis no cinema de xénero actual, onde priman as ducias de posición de cámara e cambiar de plano cada dous fotogramas. Con Zahler o thriller sae do circo e volve á zona de materia gris.

Ficha artística

Mel Gibson, Vince Vaughn, Tory Kittles, Laurie Holden, Jennifer Carpenter, Don Johnson, Michael Jai White, Udo Kier, Fred Melamed, Thomas Kretschmann

Ficha técnica

Guión: S. Craig Zahler
Música: Jeff Herriott, S. Craig Zahler
Fotografía: Benji Bakshi