Ano

2018

Nacionalidade

Canadá

Duración

104 min.

Xénero

Drama

Idioma

Francés

7,29

Nota do público
NOV
8
Venres, 20:45
Multicines Compostela
Mercar entrada
NOV
16
Sábado, 16:15
Teatro Principal
Mercar entrada

André morre en misteriosas circunstancias e a súa muller e as dúas fillas do matrimonio fican soas. As tres terán que aprender a medrar xuntas e facer fronte a unha verdade para a que non están preparadas.

Crítica Cineuropa

O título orixinal deste filme canadense é Dérive, e certamente a verba “deriva” reflicte moito mellor o estado emocional de todas e cada un das pezas que compoñen o trío protagonista de mulleres de diversas xeracións que aparecen no filme. Deriva pola desaparición da figura paterna, pero tamén derivas afectivas, económicas, derivas violentas e sen asomos de solución. As personaxes do filme están tomando a cada momento decisión erróneas das que se aproveita a xente da súa contorna (maiormente homes), pero, aínda por encima, non existe unha liberación para o espectador, porque non hai reacción a maioría das veces por parte destas mulleres. O cinema está frecuentemente para desafogarnos e arranxar o que non funciona no mundo por medio de relatos heroicos. Aquí hai pouco disto, e por iso todo doe un chisco máis, todo é un chisco máis real.

Ficha artística

Mélissa Désormeaux-Poulin, Maèva Tremblay, Éléonore Loiselle

Ficha técnica

Guión: Chloé Cinq-Mars
Música: Remachandra Borcar
Fotografía: Philippe Roy