Ano
2019
2019
Dinamarca, Noruega, Suecia, Bélxica
128 min.
Documental
Inglés, francés
Libre ata completar a capacidade da sala
En 1961, o secretario xeral das Nacións Unidas, o sueco Dag Hammarskjöld, morre nun misterioso accidente de avión en Ndola (Zambia). Vestido como un auténtico explorador e lucindo un casco de safari, o director Mads Brügger convértese en detective para descubrir a verdade sobre aquela estraña morte. Entre teorías conspiradoras e os segredos que rodean o caso, o cineasta e o investigador afeccionado Göran Björkdahl están determinados a encontrar novas pistas sobre aquel fatídico accidente. Esta investigación levaraos a descubrir novas e desconcertantes pegadas do colonialismo: crimes moito peores do que poderían imaxinar.