Ano
2019
2019
Costa Rica, Chile, Arxentina, Francia
82 min.
Drama
Castelán
Selva, unha adolescente dunha vila costeira do Caribe, vive nunca casa húmida rodeada de vexetación. Mentres atravesa unha idade que non comprende, tenta manterse unida á familia, pero isto resulta cada vez máis complicado: os seus pais desaparecen e o seu avó delira cunha cabras inexistentes ao tempo que comeza a deixarse morrer. Entre paisaxes imaxinarias e sombras misteriosas, Selva cuestiónase se debería axudar o avó a cumprir o seu desexo, aínda que isto signifique ter que atravesar soa os seus últimos momentos da infancia.
Ceniza negra posúe, ademais dunhas imaxes nocturnas cheas de beleza e electricidade, un dos duelos de insultos máis ricos e divertidos vistos no cinema. O filme costarriqueño de Sofía Quirós mostra unha adolescente que vive rodeada de espíritos e presenzas de carácter máis ben pacífico e un vellísimo avó sempre de bo humor pero que, aínda así, quere deixarse morrer (seica para reunirse co outro mundo dun xeito máis permanente). A convivencia harmónica do plano terreal e espiritual é un dos logros deste filme estraño e xovial que mostra os lazos dos vivos con amor profundo e a presenza da morte con normalidade (algo do que os galegos sabemos ben).