Ano
1957
1957
Francia
122 min.
Drama
Francés
Libre ata completar a capacidade da sala
1957: Premio OCIC e mención especial no Festival de Cannes
1958: Espiga de Ouro ao mellor filme na Seminci
1957: candidatura ao mellor filme nos Premios BAFTA
Nos anos 20, estando Grecia baixo a ocupación turca, os habitantes dunha pequena vila prepáranse para a representación anual da Paixón. A chegada dunhas persoas refuxiadas altera a harmonía do lugar. A veciñanza decide expulsalas porque cren que se son amables con elas poderían perder o favor dos invasores. Manolios, un pastor ao que lle adxudicaron o papel de Cristo na obra teatral, tratará de convencer a xente para que teñan piedade.
“Esta gran e emocionalmente esmagadora película foi moi popular nos cinemas de arte e ensaio americanos”.
Pauline Kael