Ano
2019
2019
Bulgaria, Reino Unido, Francia
92 min.
Drama
Búlgaro, inglés
Na localidade multicultural de Peckham, situada no sueste de Londres, a vida vese agravada pola xentrificación. Irina, unha nai solteira de orixe búlgara, quere triunfar como arquitecta e négase a vivir dos subsidios como fai a maioría da veciñanza, polo que pretende convencela de loitar contra o sistema. Cando un gato aparece atrapado na súa parede, a súa familia entrará en conflito cos algúns dos veciños e veciñas.
Nun dos contos máis famosos de Edgar Allan Poe tamén había un gato atrapado entre paredes. Pero nos tempos de Poe, palabras malsoantes como “xentrificación” ou “Brexit” carecían de significado: aquí son o pano de fondo do que se nutre a historia. No filme da parella de realizadoras búlgaras, o gato en cuestión é o catalizador dun conflito entre veciños (uns ingleses e outros búlgaros) e serve para levantar a alfombra (a moqueta, máis ben) inglesa e mostrar un chisco das miserias da sociedade do benestar dun xeito ácido e basculando entre o drama e a comedia de xeito fluído.