Ano
2018
Documental dedicado a Rick Kelly, quen na súa tenda de Greenwich Village constrúe guitarras personalizadas con madeira reutilizada procedente de edificios históricos de Nova York.
O filme mostra como, case nun acto de maxia, cada anaco de madeira posúe unha vibración especial que o diferenza dos demais e que dará lugar a unha guitarra única. Rodeada de edificios, franquías e grandes corporación, a tenda de guitarras de Carmine resiste como a casa do protagonista de Up o filme de Pixar. O guitarrista da banda de Patti Smith observa abraiado como unha etiqueta afirma que a guitarra que está a contemplar se fixo con madeira dun hotel neoiorquino de 1860: “é como facer música cun pedazo de historia da cidade”. Auténtico #guitarporn, o documental fará amizades entre os melómanos (e espectadores con querenza por ver como traballa un profesional diante dunha cámara) moi axudado tamén pola banda sonora do The Sadies, por certo, habituais da escena de salas galegas.