Ano

2019

Nacionalidade

Perú, España, Estados Unidos

Duración

97 min.

Xénero

Drama

Idioma

Castelán

7,06

Nota do público
NOV
20
Mércores, 18:30
Salón Teatro
Mercar entrada
NOV
22
Venres, 21:30
Multicines Compostela
Mercar entrada
2019: Quincena dos Realizadores do Festival de Cannes

Achegamento á historia de Georgina Condori, música andina a quen unha rede de tráfico de crianzas lle rouba a súa filla recentemente nacida. En medio do caos político dos anos 80, Pedro Campos, un mozo periodista limeño, toma ao seu cargo a investigación e emprende xunto a ela a desesperada busca.

Crítica Cineuropa

Melina León entende que a forma é un todo, e no seu filme rexeita o camiño fácil de abandonarse ao melodrama e ás reviravoltas de guión dun caso tremebundo de rapto de bebés. No seu lugar, deixa as présas e roda as imaxes nun formato cadrado, en branco e negro abraiante: imaxes humildes, ás veces rodadas en plano xeral, outras en contraluz, que deixan que a historia se conte en sordina mentres soan afastadas e con ruído cancións populares nunha radio imaxinaria. Opción estilística perfecta para falar do deprimido Perú de finais dos 80, onde grupos marxinais se moven con tristura e dignidade polo encadre.

Ficha artística

Pamela Mendoza, Tommy Párraga, Lucio Rojas, Ruth Armas, Maykol Hernández

Ficha técnica

Guión: Melina León, Michael White
Música: Pauchi Sasaki
Fotografía: Inti Briones