Ano

2019

Nacionalidade

Uruguai, Arxentina, Alemaña

Duración

97 min.

Xénero

Drama, comedia

Idioma

Castelán

6,85

Nota do público
NOV
18
Luns, 17:45
Salón Teatro
Mercar entrada
NOV
25
Luns, 20:45
Salón Teatro
Mercar entrada
2019: sección Horizontes Latinos do Festival de San Sebastián

Durante os anos 70, a economía da rexión atraeu a moitos oportunistas a Uruguai. As institucións estaba en bancarrota; había un goberno militar; as persoas subversivas estaban detrás das reixas e, para os sectores de baixa reputación das economías de Brasil e Arxentina, o mercado financeiro uruguaio parecía o lugar ideal para facer desaparecer o diñeiro. Deste xeito é como Humberto Brause comeza unha meteórica carreira na compra e venda de divisas estranxeiras, patrocinado polo seu propio sogro, un veterano no negocio da fuga de capitais. Cego pola súa excesiva ambición, Humberto leva por diante a todo aquel que se cruce no seu camiño. Consegue facerse cargo do negocio familiar e acepta unha sospeitosa tarefa: branquear a cantidade de diñeiro máis grande que viu na súa vida.

Crítica Cineuropa

A nova incursión de Federico Veiroj na sátira ofrece unha posta en escena profundamente anacrónica, e aí mesmo reside o seu encanto. Fan falta miles de subterfuxios agora mesmo para facer comedia pura e dura e toneladas de ironía, case que pedir perdón por tomar un xénero tan menor. Así habló el cambista non só exhibe orgullosa a comedia senón que a mestura co look doutro xénero de derribo: o culebrón, cunha textura visual apergamiñada e teatral que lle senta de marabilla a esta farsa protagonizada por cambistas, auténticos farsantes dos nosos días, dos pasados e dos futuros.

Ficha artística

Daniel Hendler, Dolores Fonzi, Luis Machín, Benjamín Vicuña, Jorge Bolani, Elisa Fernández, Alejandro Busch, Cecilia Patrón, David Roizner Selanikio, Germán de Silva

Ficha técnica

Guión: Federico Veiroj, Arauco Hernández Holz, Martín Mauregui
Fotografía: Arauco Hernández Holz
Música: Hernán Segret