Ano

2019

Nacionalidade

Marrocos, Francia, Bélxica

Duración

98 min.

Xénero

Drama

Idioma

Árabe

7,94

Nota do público
NOV
23
Sábado, 18:00
Teatro Principal
Mercar entrada
NOV
24
Domingo, 20:45
Salón Teatro
Mercar entrada
2019: sección oficial Un Certain Regard do Festival de Cannes

Abla rexenta unha humilde pastelaría na súa propia vivenda de Casablanca, onde vive con Warda, a súa filla de 8 anos. A súa rutina, gobernada polo traballo e polos labores domésticos, vese interrompida un día en que alguén lle chama á porta. Trátase de Samia, unha moza que está grávida e que busca emprego e teito. Á pequena chámalle a atención dende o primeiro momento a moza que acaba de chegar, pero a nai oponse inicialmente a acoller esta descoñecida na súa casa. A pesar de todo, aos poucos a determinación de Abla vai cedendo e a chegada de Samia ábrelles ás tres mulleres a posibilidade dunha nova vida.

Crítica Cineuropa

Algo realmente está a cambiar cando as historias de empoderamento no cinema occidental encontran eco en sociedades tan pouco dadas a este tipo de logros como a marroquí. En Adam fálase dos mesmos temas, pero encadrados na sociedade do país. Aquí os problemas son múltiples, e as dúas protagonistas deciden xuntar forzas para afrontar a súa condición de “apestadas” por seren viúva nun caso e nai solteira noutro. O debut de Maryam Touzani reflicte como emerxe unha familia alternativa onde, en teoría, non debería haber máis que resignación.

Ficha artística

Lubna Azabal, Nisrine Erradi, Douae Belkhaouda, Aziz Hattab, Hasnaa Tamtaoui

Ficha técnica

Guión: Maryam Touzani, Nabil Ayouch
Fotografía: Virginie Surdej
Produción: Ali n’ Productions, Les films du nouveau monde, Artemis Films