Ano
2019
2019
Italia, Bélxica, Francia
100 min.
Ficción
Italiano
Na Nápoles dos anos 70, Peppino é un exsicario da camorra que se ve na obriga de saír do seu retiro logo do asasinato do seu fillo Nino. Se quere salvar a vida dos seus, deberá ser máis arteiro e desalmado ca os seus inimigos.
O inicio desta adaptación ao cinema dunha serie de cómics italiana, dirixida polo propio autor, esperta ecos daquel Dick Tracy bizarro de cores primarias que rodou Warren Beatty nos 90 e, moito peor, do Spirit de Frank Miller e Robert Rodríguez, que deslustraba o personaxe mítico de Will Eisner. Pero non hai espazo para o medo: esta adaptación, aínda sen coñecer o orixinal, funciona a base de potenciar o kitsch italiano (esas madonnas luminosas no medio de ruelas) e de honrar a fumetti con capas de melancolía e estética retro. E por encima de todo, un Toni Servillo na súa salsa interpretando o típico segundón dos relatos mafiosos que, por unha vez e de forma merecida, acada todo o protagonismo.