Ano
2019
En 1894, o capitán francés Alfred Dreyfus, un mozo oficial xudeu, é acusado de traizón por espiar para Alemaña e é condenado a cadea perpetua na Illa do Diaño, na Güaiana Francesa. Entre as testemuñas que fixeron posible esta humillación está o coronel Georges Picquart, encargado de liderar a unidade de contraintelixencia que descubriu o espía. Pero cando Picquart se decata de que se lles seguen pasando segredos militares aos alemáns, meterase nun perigoso labirinto de mentiras e corrupción, que porá en perigo a súa honra e a súa vida.
O famosísimo caso Dreyfus (seica, o xuízo máis famoso da historia) deu lugar ao igualmente célebre alegato J’accuse, de Émile Zola, do que o filme de Polanski recolle o seu título orixinal. O mesmo Georges Mèliés fixo unha película sobre o asunto hai máis dun século xa, como proba da súa popularidade. E o cineasta polaco, el mesmo inmerso nun proceso xudicial interminable, ofrece un drama histórico canónico de constante pulso narrativo e milimétrica recreación da época, no que se atreve a suxerir certos paralelismos entre os dous casos (o seu e o de Dreyfus).
Jean Dujardin, Louis Garrel, Emmanuelle Seigner, Mathieu Amalric, Grégory Gadebois, Hervé Pierre, Didier Sandre, Melvil Poupaud, Eric Ruf, Vincent Grass, Damien Bonnard, Denis Podalydès, Raphaël Caraty, Wladimir Yordanoff
Guión: Roman Polanski (Novela: Robert Harris)
Fotografía: Pawel Edelman
Música: Alexandre Desplat