• O pase terá lugar o martes 19 ás 22.00 horas no Teatro Principal

 

O xogo das películas sorpresa entre Cineuropa e o público intensifícase este ano. Non só se multiplica por tres, xa que nesta edición se pasa dunha a tres filmes sorpresa, senón que un deles é unha estrea. Cal será? As pistas para tratar de adiviñar de que longametraxe se trata vanse facilitando a través das redes sociais de Cineuropa (Facebook, Twitter e Instagram

Este ano, a selección de filmes sorpresa inclúen tamén un título dos anos 80, que se pasará o martes 26 ás 22.15 horas no Salón Teatro, e outro dos anos 70 que se poderá ver o día 27 ás 18.00 horas, tamén no Salón Teatro