Skip to main content
  • A primeira proxección do filme tivo que ser suspendida por problemas técnicos

 

Ema, o filme do chileno Pablo Larraín que compite na sección oficial, terá un novo pase despois de que a primeira proxección tivera que ser suspendida por problemas técnicos. A nova cita é será no Teatro Principal, ás 00.30 horas do xoves 21. O pase será de balde, previa retirada de convite, como aconteceu na primeira ocasión. O público que queira asistir pode retirar a entrada de maneira gratuíta no despacho de billetes do Teatro Principal dende o martes 19 ás 15.30 horas.

Ema narra a historia dunha bailarina de reguetón que, tras un traumático incidente que desestabiliza a súa vida familiar e o seu matrimonio, se embarca nunha odisea de liberación persoal. O filme participou na sección oficial da Mostra de Venecia e na sección Perlak de San Sebastián.

A película tamén está programada ara o día de hoxe, mércores 13, ás 20.30 horas no Teatro Principal, pero con entrada de pago.