Actualizaremos esta páxina coas preguntas que nos chegan habitualmente relativas ao funcionamento do festival de cinema Cineuropa de Compostela. Recomendámosche que te subscribas á nosa canle de Telegram para estar informado de todas as novidades ao momento e que nos sigas nas redes sociais Facebook, Twitter e Instagram.

Despacho de billetes e entradas a proxeccións

En compostelacultura.gal, no despacho de billetes do Teatro Principal, nos Multicines Compostela os días de proxección e até 5 minutos antes do comezo de cada un dos filmes.

En compostelacultura.gal e no despacho de billetes do Teatro Principal. En NUMAX os días de proxección e até 5 minutos antes do comezo de cada unha delas.

Hai un despacho de billetes xeral para mercar filmes de calquera día cun horario de 15.30 a 22.00 h. E un despacho de billetes de venta inmediata que abre 15 minutos antes de que comece cada filme e na que só se poden mercar entradas para o filme que comeza a continuación, tanto no Teatro Principal como no Salón Teatro ou no Museo das Peregrinacións.

De luns a domingo, de 16.40 e até 5 minutos antes do inicio da última proxección.

  • Luns de 17:00 até a hora de inicio da última proxección.
  • De martes a venres de 10:00 a 14:00 e de 16:00 até a hora de inicio da última proxección.
  • Sábados e domingos de 11:00 a 14:00 e de 16:00 até a hora de inicio da última proxección.

4 euros e podes mercar un abono válido para 10 entradas a 30 euros. A entrada para o maratón é de 6 euros, e a sesión de proxeccións con música en directo da RFG é de 12 euros.

De pago son os filmes de Sección Oficial Europea, Sección Oficial Internacional, LatidoAmericano, Dereitos Humanos: A memoria é presente, Docs Cineuropa, O presente é muller*, Cinefilias, Fantastique Compostela, Cineuropa Miúda, 100 anos de cinema Romanés** e ‘Trote’ de Panorama Audiovisual Galego. Tamén son de pago o Maratón e a sesión Cineuropa da RFG.

* agás as proxeccións da Mostra do Centro Simone de Beauvoir, que serán con entrada libre

** agás ‘Independenta României’ que será con convite e ‘Reconstituirea/A Reconstrución’ e ‘Hotel de Lux’, que serán con entrada libre.

De entrada libre previa retirada de invitación son a sesión de apertura, as de entrega dos Premios Cineuropa, a proxección de ‘Independenta României’ con acompañamento musical en vivo da pianista Mihaela Duma o venres 16; e a preestrea de ‘Hamada’ en Galicia o domingo 25.

O resto dos filmes son de acceso libre até completar aforo.

Unha vez mercada a entrada non pode procederse á súa devolución a non ser que ese pase se vise modificado por algún problema de organización. Nese caso si, procederíase á súa devolución.

Non. Sempre e cando queden entradas dispoñibles, para a venda inmediata haberá un despacho de billetes aberto até 5 minutos antes do inicio da proxección.

Non é posible reservar entradas por teléfono.

As invitacións para as sesións dos premios e para as das outras sesións especiais poderán recollerse dende dous días antes de cada acto.

Abonda con que nola ensines na pantalla do teu dispositivo electrónico. Iso si, non esquezas vir con batería!

Entradas para outras actividades

É de 12 euros (6€ para persoas para menores de 25 anos, maiores de 65, desempregadas, xubiladas, estudantes, familias monoparentais, numerosas e perceptoras de rendas sociais). Pode mercarse con antelación compostelacultura.gal, no despacho de billetes do Teatro Principal e o mesmo día tamén no despacho de billetes do Auditorio de Galicia desde as 18.00 h.

Entradas con invitación

No despacho de billetes xeral do Teatro Principal.

Cada persoa pode retirar un máximo de dúas invitacións por filme.

Abonos

O abono ten un prezo de 30 euros e podes canxealo por 10 entradas.

Non hai límite de compra e non é persoal. É dicir, podes mercar as 10 entradas para un mesmo filme e nunha mesma compra.

No despacho de billetes do Teatro Principal ou en compostelacultura.gal.

Para mercalo por internet primeiro tes que estar rexistrada nesta web, algo que podes facer aquí. Unha vez rexistrada, entras co teu email e contrasinal e podes mercar o abono no enlace que aparece neste evento arriba á dereita e que pon MERCAR.

Cando o merques chegarache un correo electrónico co abono en pdf por se queres usalo nalgunha compra física na billeteira.

Se o queres usar para mercar as túas entradas por internet, abonda con que navegues pola web con normalidade e cando selecciones a película para a que queres mercar entrada elixas como forma de pago o Abono. Xa che irá descontando as películas ata gastalo.

Cada vez que canxees o abono, chegarache ao mail a entrada ou entradas correspondentes. Ademais, no teu perfil terás todos os teus movementos e abonos activos para coñecer que saldo che queda.

Non é persoal, polo que pode usarse por máis de unha persoa.

Non, non fai falta. O que tes que ensinar é a entrada do filme correspondente (impresa ou ensinándoa no teu dispositivo electrónico).

Si, sen problema. Abonda con que leves impreso o abono que che faremos chegar ao teu mail ou simplemente con que nolo ensines no teu dispositivo electrónico.

Non. Iso non é posible porque ese abono é anónimo e polo tanto non está unido a ningún usuario da web. Ese abono só se poderá canxear nas billeteiras.

Nas do Teatro Principal para os filmes de todas as salas do festival. En NUMAX para os filmes de NUMAX e nos Multicines Compostela para os filmes dos Multicines Compostela.

Proxeccións

A entrada á sala ten que facerse de xeito puntual para non molestar ao resto de espectadores que están xa gozando do filme. En todo caso, e de ser posible, se chegas un pouco tarde intentaremos buscarche un sitio ao que poidamos acceder molestando o menos posible, e non sempre poderá ser a butaca que ti tiñas mercada.

Todos os filmes en Cineuropa se proxectan en idioma orixinal e, cando non son en español ou en galego, tamén con subtítulos.

Todos agás os que teñen como lingua orixinal o español ou o galego. Excepcionalmente pode haber algún que non o estea pero indicarémolo sempre.

Hai filmes recomendados para maiores de idade. No caso de que a/o menor acuda na compaña dunha persoa adulta, será esta a responsable da/o menor na sala, e quen ten que considerar se pode ver ese filme ou non.

As sesión que pasan das 00.00 h na web de Abanca aparecen indicadas co día seguinte xa que a partir das 00.01 h tecnicamente comeza xa un novo día. Se ti mercaches unha entrada para as 00.30 do día 10, a entrada é para a noite que vai do 9 ao 10.

Maratón

Non. O abono só se pode usar para as proxeccións individuais de filmes.

Pódese entrar e saír entre película e película sen problema, así que podes elixir que películas ver e en cales descansar.

A duración dos filmes podes atopala nas súas respectivas fichas. Entre película e película hai uns 5 minutos de descanso e sobre as 7 da mañá faise un descanso máis longo, duns 20 minutos.

O despacho de billetes non está aberto durante o maratón así que non e, de todas formas, ata agora sempre se esgotaron as entradas para o maratón antes do día do mesmo así que a nosa recomendación é que as merques canto antes.

Excepcionalmente, no maratón, polas súas características, permitimos levar comida (sen cubertos) e bebida (só en envases de plástico e nunca bebidas alcohólicas).